Grao en Deseño pola Universidade de Vigo. Especialidades en Deseño gráfico/dixital e Deseño de Moda

O Grao en Deseño da Universidade de Vigo busca formar aos profesionais do futuro interesados no deseño gráfico/dixital e no deseño de moda, sectores clave no desenvolvemento económico e cultural.

Datos básicos

Título

Grao en Deseño pola Universidade de Vigo

Mencións

→ Mención en deseño gráfico/dixital.

→ Mención en Deseño de Moda

Duración

4 cursos académicos

Créditos

240 ECTS

Prazas

45

Lugar

Campus de Pontevedra. Campus CREA Pontevedra

Presentación

O sector produtivo do deseño creceu exponencialmente nas últimas décadas, converténdose nun sector estable que proporciona competitividade e incrementa o valor das áreas produtivas nas que se inclúe, creándo terreos híbridos e transversais, aumentando a necesidade de competencias dos profesionais do deseño nun mundo tecnolóxico e creativo máis esixente e complexo, e máis versátil en áreas económicas, inclusivas, ecolóxicas e sociais.

Na actualidade, nos ámbitos do deseño máis consolidados, desenvólvese un traballo cada vez máis tecnificado e conectado a nivel global con diferentes mercados de traballo, nos que se requiren diferentes competencias que permitan desenvolver todo o potencial do profesional do deseño. Unhas competencias que van desde o aspecto comunicativo ao tecnolóxico e cultural, polo que apostamos por unha proposta de grao na que formemos a deseñadores e deseñadoras integrais que sexan capaces de xerar proxectos que teñan en conta os procesos e soportes comunicativos máis actuais: gráfico, moda, audiovisual e dixital interactivo, solucionando retos nos que se faga especial énfase nas metodoloxías, tecnoloxías e entorno de traballo innovadoras e actuais, experimentando e conectando o coñecemento máis punteiro coa realidade laboral na que se incorporarán.

Organización da docencia e mencións

Os contidos do grao estruturanse en dous primeiros cursos comúns no que o alumnado recibirá unha formación en torno aos fundamentos do deseño, a expresión artística, debuxo, cor, ilustración, historia do deseño, procedementos e materiais para ir orientando as súas preferencias de cara aos dous cursos finais nos que deberá elexir unha serie de optativas para a especialización en Deseño gráfico/dixital ou Deseño de Moda

Plan de estudos

Primeiro curso

PRIMEIRO CUATRIMESTRE

Teoría, crítica e historia do Deseño I

Introdución á historia e á teoría do deseño. Antecedentes e orixes do Deseño no século XX. As Vangardas históricas. O deseño moderno e as súas implicacións sociais, económicas e políticas, desde o fin da Segunda Guerra Mundial ata a Posmodernidade. O deseño no contexto galego. Perspectivas e teorías para a interpretación do Deseño moderno. Prácticas de análise de casos de estudo.

Expresión artística: Fundamentos do debuxo

Introdución ao coñecemento dos principios de proporción, composición e uso da luz nos sistemas de representación gráfica. Introdución ao coñecemento e manexo de técnicas artísticas e métodos de representación bidimensional. Desenvolvemento de métodos de debuxo persoais adecuados para a representación bidimensional. Prácticas con materiais e materiais básicos.

Laboratorio de materiais

Materia e material. Recoñecemento básico de materiais. Análise e composición de materiais: soportes gráficos, soportes plásticos e materiais téxtis. Transformación básica e experimentación con materiais sostibles e o seu uso equitativo, responsable e eficiente.

Técnicas informáticas I: Imaxe dixital

Introdución básica a programas e procedementos informáticos aplicados á elaboración e procesamento de imaxes dixitais. Tratamento e manipulación da imaxe de mapa de bits. O debuxo vectorial, formatos e técnicas de creación. Introdución ao manexo de software para o deseño gráfico e o deseño de publicacións.

Fundamentos do deseño I

Elementos básicos do deseño. Principios fundamentais da organización visual. Principios semánticos. Soportes e formatos. Principios fundamentais da imaxe. Principios fundamentais da tipografía. Fundamentos da composición. Interacción da cor no deseño. Principios da forma e o volume.

SEGUNDO CUATRIMESTRE

Sistemas de representación

Introdución aos métodos básicos da representación. Aplicacións prácticas da perspectiva, escala e representación bidimensional e tridimensional. Introdución aos sistemas diédrico, planos acotados, axonométrico e cónico e aplicación dos seus linguaxes e técnicas gráficas en proxectos de deseño. Exemplos de aplicacións prácticas de interese: desenvolvementos, teselación, anidamento, etc. Introdución elemental ás ferramentas informáticas de representación.

Expresión artística: Fundamentos da Cor

Introducción ao coñecemento dos principios e propiedades da cor. Introdución á representación da cor: modos e modelos de cor. A cor no entorno do deseño: racionalización, aplicación e presentación da cor. A cor como elemento expresivo. Xestión da cor en entornos dixitais.

Laboratorio integrado: Procedementos I

Introducción básica á estampación tradicional: serigrafía. Medios alternativos de estampación; impresión en hoco, impresión en relevo, impresión planográfica, impresión dixital. Técnicas básicas de cosido e bordado experimental sobre diferentes soportes. Técnicas básicas de encadernación artesanal e artística.

Técnicas informáticas II: Edición dixital

Introdución básica a programas e procedementos informáticos aplicados á elaboración e procesamento de imaxes dixitais. Tratamento e manipulación da imaxe de mapa de bits. O debuxo vectorial, formatos e técnicas de creación. Introdución ao manexo de software para o deseño gráfico e o deseño de publicacións.

Fundamentos do deseño II

Principios fundamentais do deseño e a organización visual en medios dixitais. Transmisión da información audiovisual en soportes dixitais. Fundamentos da composición e organización da información en soporte pantalla. Formatos e soporte pantalla. Introdución á arquitectura da información. Principios de interactividade. Elementos audiovisuais do deseño.

Segundo curso

PRIMEIRO CUATRIMESTRE

Deseño e estudos culturais

A dimensión cultural do deseño. A construción do sentido dos obxectos: experiencias, percepcións, significados e prácticas. A interpretación do deseño e o seu papel social. Aproximación cultural ao deseño a través do pensamento do comportamento e das accións dos demais.

Teoría, crítica e historia do Deseño II

Introdución á historia e teoría do deseño contemporáneo. O Deseño no século XX e principios do século XXI. A Posmodernidade e as súas implicacións sociais, económicas e políticas. O deseño no cambio de milenio ata a actualidade. Perspectivas e teorías para a interpretación do Deseño desde a Posmodernidade ata a actualidade. O deseño actual no contexto galego. Prácticas de análise de casos de estudo.

Laboratorio integrado: Procedementos II

Introdución á gráfica nos soportes obxectuais e tridimensionais. Aspectos volumétricos, estruturais e de produción de produtos de embalaxe, sinalización e obxectos gráficos. Técnicas de dobrado, papercraft e origami. O libro obxecto, os seus aspectos construtivos e estruturais como propostas creativas.

Expresión artística: Ilustración

Aproximación ás bases da Ilustración a través do debuxo, tanto analóxico como dixital, e as súas aplicacións plásticas ao mundo do deseño e a comunicación visual. Aprendizaxe dos procesos de ilustración desde o concepto, o desenvolvemento do proxecto e a presentación do arte final.

Fundamentos de tipografía

Principios fundamentais da tipografía e o tratamento de texto. Conceptos básicos: Caligrafía, lettering e tipografía. Microtipografía e macrotipografía. Ortotipografía e deseño. Anatomía da letra e principios básicos do deseño de tipografías. A tipografía nos seus diferentes contextos (editorial, deseño de identidades, sinalética, web e soportes interactivos). Tipografía dixital: Codificacións e formatos. Xestión da tipografía: a tipografía como software.

SEGUNDO CUATRIMESTRE

Deseño e sociedade

Comparación das condicións sociais da produción, distribución e uso das producións creativas en distintos tipos de sistemas. Identificación de axentes sociais, discursos, representacións, marcos normativos e institucionais sobre as prácticas creativas. Creatividade e deseño en sociedades complexas: sostibilidade, ecodeseño, desigualdade, deseño universal.

Modelado 3D

Introdución á xeometría computacional. Coñecemento práctico dos programas e aplicacións especializados en modelado dixital, prototipado e impresión 3D. Introdución ás tecnoloxías de impresión 3D. Introdución ás tecnoloxías sustractivas de prototipado. Introdución á animación 3D.

Introducción á fotografía dixital de produto

Introdución aos procedementos e procesos da imaxe fotográfica dixital. Natureza conceptual da fotografía. Manexo básico das ferramentas fotográficas, tanto de xeración, manipulación e procesamento como de reprodución da imaxe fotográfica. Conceptos básicos e uso da lingua e vocabulario fotográfico. A fotografía de produto nos ámbitos do deseño, publicidade, redes sociais e dirección creativa.

Laboratorio integrado: Procesos de producción

Introdución aos procesos de produción no campo do deseño. Análise de materiais e procedementos. Estudo das técnicas, materiais e procesos de produción industriais e artesanais usados no deseño contemporáneo.

Deseño de identidades (Optativa común)

Aproximación ao deseño de identidades e creación de marca. Conceptos chave no deseño de identidades: Entorno gráfico, Marca gráfica, Símbolos identificadores básicos, Arquitectura gráfica. Aproximación á semiótica e construción de significado con signos. Programa gráfico. Sistemas de identidade. Tipografía para o deseño de identidades.

Fundamentos do deseño de moda (Optativa común)

Introdución ao proceso creativo no deseño de moda. Conceptos de deseño. Técnicas e ferramentas de creatividade. Fundamentos básicos da creación en deseño de moda. O equilibrio na proposta, selección de liñas, tecidos, materiais e procesos construtivos coherentes. Metodoloxía de recopilación e análise de datos. Desenvolvemento creativo e proceso/deseño experimental. O caderno de campo no deseño de moda. Sistematización e tratamento de esbozos e materiais de investigación.

Terceiro curso

PRIMEIRO CUATRIMESTRE

Análise de tendencias

Relación das tendencias contemporáneas do deseño cos ámbitos socioculturais, económicos e políticos. Análise crítica das teorías, das prácticas, das tendencias e das ideas do deseño nas súas diferentes etapas. Análise dos diferentes discursos modernos e contemporáneos do Deseño cun criterio persoal fundamentado. Introdución á crítica do deseño a partir de análises de proxectos. Ferramentas de estudo e análise de tendencias, recursos profesionais para a observación de cambios nas tendencias do deseño e o seu impacto económico e social.

Deseño de publicacións

Aproximación ao deseño de produtos editoriais: libro, publicacións periódicas impresas e dixitais, editoriais de moda e portfolios. Anatomía dos produtos editoriais. Dirección de Arte. O papel da tipografía e a maquetación. Fotografía e tratamento da imaxe editorial. Produtos editoriais e identidade visual. Producción de produtos editoriais. Produtos editoriais e usuario: Funcionalidades, lecturabilidade, usabilidade, forma/función, cinética.

Técnicas gráficas aplicadas ao deseño

Introducción ás técnicas gráficas orientadas ao deseño gráfico, a ilustración e a estampación téxtil. Prácticas básicas nos diferentes procedementos de impresión e estampación: serigrafía, risografía, estampación téxtil.

Deseño audiovisual: Motion graphics (Optativa de mención Deseño gráfico/dixital)

Introdución ao deseño audiovisual e o motion graphics en soporte pantalla para cine, TV, broadcasting, proxeccións e instalacións, web e interactivos. Principios de comunicación do deseño audiovisual e do motion graphic. Componentes gráficos e tipográficos, compositivos, espazo-temporais, sonoros e narrativos (retículas compositivas, relación espacial de elementos, layout e formatos). Imaxe gráfica e videográfica. Xestión dun proxecto de deseño e gráfica audiovisual (planos, encadres, campo, cámara, storyboard, guión).

Proxectos de Moda I (Optativa de Mención Deseño de Moda)

Fundamentos da investigación en deseño para moda. Principios básicos de metodoloxía de investigación e de conceptualización a partir dunha proposta dada. Análise de problemas fronte ao deseño como ferramenta de resolución. Adquisición de ferramentas prácticas que fomentan a comprensión do volume e a silueta así como o óptimo uso de materiais e procesos de enriquecemento e transformación dos mesmos. O caderno de campo en deseño de moda. Sistematización e tratamento de bocetos e materiais de investigación. Introdución na comprensión da dirección formal e o desenvolvemento dunha familia de propostas para a selección de tecidos, materiais e procesos construtivos coherentes.

Fundamentos do prototipado de moda (Optativa de mención Deseño de Moda)

Técnicas de patronaxe creativa e industrialización de patróns: piquetes, costuras, control de percorridos das diferentes pezas, liñas de referencia para a colocación e dirección do tecido para situar o patrón á hora de cortar: fío, contrafío e bias. Toma de medidas directa. Punzadas e costuras: definicións, tipos e características. Frunces, nervuras, baleas, jaretas, elásticos, nido de abella, vainicas, miriñaques, etc. Vocabulario téxtil de uso frecuente. Operacións téxtiles básicas. Materiais, tecidos e fornituras.

Deseño para a web (Optativa de Mención deseño gráfico/dixital)

Desenvolvemento web frontend. Soportes e formatos en Deseño para a web. Creación de imaxes e gráficos para o Deseño para a web. UX Usabilidade e experiencia do usuario. Deseño responsive. Accesibilidade e arquitectura da información. Ferramentas de prototipado web. Deseño de información, navegación e interfaz.

SEGUNDO CUATRIMESTRE

Didáctica do deseño

Marco disciplinar e modelos formativos aplicados ao ámbito do deseño: Aprendizaxe baseada en proxectos, Design thinking, Metodoloxías baseadas na investigación. O deseño como ferramenta transversal.

Ilustración para o deseño

Experimentación cos métodos, técnicas, recursos plásticos e conceptuais para o desenvolvemento de proxectos de ilustración dixital nos ámbitos do deseño: ilustración de moda, ilustración en prensa, ilustración tipográfica, ilustración para o entorno do deseño dixital interactivo e transmedia.

Deseño para todas as persoas: Transmisión e mediación

Marco xurídico do “deseño para todas as persoas”. Principios do deseño universal. Planificación e estratexias do deseño para a inclusión. Usabilidade universal.

Deseño de tipografía (Optativa de mención en Deseño gráfico/dixital)

Proxectos de deseño de tipografía dixital. Análise da base caligráfica e modular no debuxo de letras. Anatomía da letra e clasificacións. Procesos de bocetado e debuxo de letras. Do debuxo de letras á tipografía. Xeometría e percepcións ópticas. Introdución ao software de deseño tipográfico e o debuxo con vectores. Formatos dixitais, linguaxes e codificacións da tipografía.

Laboratorio de prototipado de moda (Optativa de mención en Deseño de Moda)

Conceptos básicos e introdución. Localización de puntos anatómicos para toma correcta de medidas directas. Estudo e aplicación de figuras xeométricas ao patronaxe. Introdución á creación sobre manequín, manipulación do tecido e transformacións artísticas. Técnicas de drapeado, clásico, plano, asimétrico… Técnicas Zero Waste.

Deseño de embalaxe (Optativa de mención en Deseño gráfico/dixital)

Proxectos de deseño de embalaxes, envases e gráfica dos seus elementos. Procesos de deseño, desenvolvemento e produción de embalaxes. Materiais e técnicas de impresión. Volume, técnicas de plegado, ensamblaxe e construción do embalaxe e dos seus elementos. Historia e tipoloxías de embalaxe. Aspectos históricos, culturais e de consumo do embalaxe. Criterios de selección de materiais para embalaxes. Eco-deseño, reciclaxe de materiais, reutilización e transformación. Aspectos legais e normativas de aplicación.

Deseño de Moda II (Optativa de mención en Deseño de Moda)

Profundización nos fundamentos da investigación en deseño para moda. Desenvolvemento de metodoloxías de investigación e de conceptualización a partir de propostas temáticas definidas así como no uso do deseño como ferramenta de resolución de problemas. Profundización nas ferramentas prácticas que fomentan a comprensión do volume e da silueta así como o óptimo uso de materiais e procesos de enriquecemento e transformación dos mesmos. Sistematización e tratamento de bosqueixos e materiais de investigación. Selección de tecidos, materiais e procesos constructivos coherentes.

Cuarto curso

PRIMEIRO CUATRIMESTRE

Infografía (Optativa común)

Proxectos de representación gráfica da información, deseño da información e visualización de datos. Organización, análise e tratamento sistemático de datos. Semiótica, simboloxía, iconografía, pictogramas e diagramación. Aplicación da infografía e visualización de datos a diferentes medios, soportes e dispositivos. Infografía no medio audiovisual e dixital. Infografía e interactividade.

Técnicas auxiliares para complementos de moda (Optativa común)

Concepción e creación de obxectos e complementos tridimensionais de moda. Procesos básicos de prototipado e desenvolvemento volumétrico. Técnicas de construción destinadas a elaborar prototipos e modelos de obxectos e complementos de pezas que convivan cunha colección de moda, prestando especial atención ao campo aberto polas tecnoloxías de impresión 3D e microfusión, moldes, etc.

Deseño de interfaces (Optativa común)

Proxectos de deseño gráfico de interacción para dispositivos móbiles, tablets e soportes interactivos. Deseño de interfaces de usuario. Tratamento da imaxe, a animación e o son en soportes dixitais interactivos. Tipoloxías de Apps. Deseño gráfico e interactivo para Apps e wireframing con software de prototipado. Usabilidade e experiencia de usuario en aplicacións interactivas.

Fotografía para moda e produto (Optativa común)

Proxectos de fotografía orientados ao sector da moda. Profundización en aspectos técnicos específicos dos proxectos de moda: Iluminación, tipos de luz, temperatura de cor. O retrato e a fotografía de grupo. Selección de modelo, estilismo, dirección de arte, preparación de sesións. A fotografía de moda e as tendencias actuais en publicacións de moda (catálogos, books, webs…). Aspectos legais da fotografía de moda.

Laboratorio de deseño gráfico e dixital (Optatida de mención Deseño gráfico/dixital)

Proxectos experimentais de deseño gráfico e dixital. Integración e articulación das diferentes subdisciplinas do deseño gráfico: Tipografía, editorial, identidade, sinalización, audiovisual, son e interactividade. Planificación, desenvolvemento e produción dun proxecto integrado de deseño gráfico e dixital.

Laboratorio de creación de moda (Optativa de mención Deseño de Moda)

Elaboración de propostas de Deseño de Moda desde unha perspectiva práctica e integral no taller coa finalidade de concretar proxectos únicos, identificando e resolvendo os problemas de prototipado nunha colección propia. Propostas de desenvolvemento de colección atendendo a patróns de coherencia formal e proxectual en canto a uso de cor, tecidos, estampados, efectos, liña, prendas e looks adecuados.

Portafolio

Deseño de portfolio profesional de proxectos e aplicacións relacionadas (deseño e xestión de marca propia, gráfica, portfolio en formato publicación editorial e en liña, lookbook, portfolio de moda e gráfica audiovisual). Producción, impresión e encadernación editorial de portfolio en soporte físico. Aplicacións dixitais de portfolios en liña e interactivos.

Deseño e mundo profesional

Introdución ao coñecemento do ámbito e o mundo profesional do Deseño e a cultura do emprendemento e a súa xestión. Introdución á actividade dentro do contexto específico dos axentes, mecanismos, dispositivos, principios económicos e patrimoniais, e condicións das diferentes industrias dentro dos campos do Deseño. Perfís profesionais do deseño. Deseño, asocia

SEGUNDO CUATRIMESTRE

Traballo Fin de Grao

Realización dun traballo, proxecto ou estudo pertencente ao ámbito profesional do deseño en calquera das súas disciplinas, e no que o/a alumno/a demostre a adquisición das competencias do título.

Prácticas

Realización de prácticas profesionais externas. Desenvolvemento e posta en práctica das competencias adquiridas na titulación en estudos de deseño, axencias de publicidade, departamentos áreas de deseño de empresas e institucións.

Perfil de ingreso recomendado

Considerase un perfil de ingreso en canto a coñecementos, habilidades e capacidades previas dun nivel de bacharelato. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas…) e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para comezar os estudos de Grao en Deseño son as seguintes:

→ Coñecementos básicos sobre a Arte e a Cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos.
→ Interese e coñecementos básicos de Deseño nas súas manifestacións históricas e contemporáneas.
→ Sensibilidade no ámbito do Deseño e das Artes Visuais.
→ Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
→ Capacidade de autoaprendizaxe e para a toma de decisións de maneira autónoma.
→ Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas, novas tecnoloxías e materiais do ámbito do Deseño e da creación.
→ Capacidade de aceptación, interese e sensibilidade ante a diversidade cultural.
→ Capacidade de planificación no traballo persoal.
→ Capacidade creativa para a resolución de proxectos e traballos.
→ Capacidade de adaptación ante os cambios culturais e tecnolóxicos do Deseño e dos medios audiovisuais.
→ Curiosidade polo entorno material cotián e as manifestacións da cultura visual.

Saídas profesionais

→ Deseñador/a gráfico.

Profesional do deseño gráfico especializado en diferentes disciplinas: Deseño de identidad corporativa, deseño editorial, deseño de embalaxe, deseño de gráfica aplicada e publicitaria, infografía e visualización de datos, deseño de tipografía, sinalética e entornos visuais e ilustración para o deseño.

→ Deseñador/a gráfico dixital.

Profesional do deseño gráfico especializado en soportes dixitais e interactivos en diferentes disciplinas: Deseñador/a de productos e/ou servizos dixitais, deseño web e front-end, aplicacións interactivas, UX (experiencia de usuario) e UI (interfaces de usuario) e deseño de interacción.

→ Deseñador/a gráfico audiovisual.

Profesional do deseño gráfico especializado en soportes audiovisuais en diferentes disciplinas: Deseño para soportes audiovisuais, cine e TV, deseño audiovisual para publicidade, animación e modelado 3D, deseño de espazos e entornos gráficos para instalacións audiovisuais.

→ Deseñador/a de moda:

Profesional especializado no deseño de moda e coleccións de moda nas suas diferentes disciplinas.

→ Estilista de moda

Estilismo para produccións audiovisuais, fotografía de moda, catálogos e revistas, desfiles de moda e estilismo corporativo.

→ Director/a creativo en moda

→ Crítico de Moda

→ Ilustración para moda

→ Deseño especializado en estampación textil

→ Análise de tendencias e coolhunter

→ Creador de contidos de moda

→ Especialista en medios dixitais aplicados á moda

→ Deseñador/a de servizos e estratexias de innovación e deseño. Xestión de proxectos de deseño.

→ Docencia en deseño

Docencia nos diferentes niveis educativos así como no sector productivo.

→ Especialista en cultura do deseño.

Crítico de deseño, comisario de exposicións de deseño, creador de contidos e editor de publicación de deseño. Investigacións históricas e xestión do patrimonio cultural do deseño.