O Grao en Deseño da Universidade de Vigo busca formar aos profesionais do futuro interesados no deseño gráfico/dixital e no deseño de moda, sectores clave no desenvolvemento económico e cultural. Apostamos por unha proposta de grao na que formemos a deseñadores e deseñadoras integrais que sexan capaces de xerar proxectos que teñan en conta os procesos e soportes comunicativos máis actuais: gráfico, moda, audiovisual e dixital interactivo, solucionando retos nos que se faga especial énfase nas metodoloxías, tecnoloxías e entorno de traballo innovadoras e actuais, experimentando e conectando o coñecemento máis punteiro coa realidade laboral na que se incorporarán.
Os contidos do grao estruturanse en dous primeiros cursos comúns no que o alumnado recibirá unha formación en torno ás bases e os fundamentos do deseño para ir orientando as súas preferencias de cara aos dous cursos finais nos que deberá elexir unha serie de optativas para a especialización en Deseño gráfico/dixital ou Deseño de Moda
Titulación
Grao en Deseño pola Universidade de Vigo
Orientacións con mención
→ Deseño gráfico/dixital
→ Deseño de moda
Duración
4 cursos académicos
Créditos
240 ECTS
Traballo Fin de Grao
12 ECTS
Prácticas en empresas
18 ECTS
O Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda da Universidade de Vigo oferta unha formación especializada. Desenvolve un programa centrado nas habilidades e ferramentas que precisan os deseñadores de moda contemporáneos. Profesionais creativos, poliédricos e versátiles, abertos, con recursos e capacidade para entender os cambios sociais, culturais e económicos.
O título propio ESDEMGA desenvolveu durante 15 anos un programa de prestixio, situándose á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os seus titulados están presentes habitualmente nas principáis pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos dunha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. Froito desa experiencia crease na Universidade de Vigo o Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos; e co equipo humano e material necesarios para levalos a cabo.
Titulación
Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda pola Universidade de Vigo
Duración
2 cursos académicos
Créditos
120 ECTS
Traballo Fin de Mestrado
18 ECTS
Prácticas en empresas
A formación organízase segundo unha estrutura mixta entre materias obrigatorias e optativas pertencentes a 4 módulos de ensinanzas, repartidos entre os 4 cuadrimestres. O número total de créditos do que consta o mestrado é de 120. Este total inclúe materias obrigatorias (102 créditos) e un traballo fin de mestrado (18 créditos)
O Programa de Doutoramento en Creatividad e Innovación Social Sustentable pertencente ao Campus Crea de Pontevedra, ofrece a liña de investigación específica en «Deseño e Innovación Social», que á súa vez posúe dúas sub-líñas:
→ Sistemas de producción, líña de investigación centrada en preparar axentes xeradores de innovación no sector do deseño en varios dos seus ámbitos de materialización con capacidade para liderar e coordinar equipos.
→ Deseño e Desenvolvemento Social, liña de investigación que pretende abordar o deseño en relación ao desenvolvemento social capaz de dar respostas transformadoras no seu contexto de aplicación. Contempla as habilidades do/a diseñador/a actual no ámbito da innovación social que require do entendemento da tecnoloxía, do establecemento de redes e a creación de prototipos. Esta sub-liña inclúe, entre outros, ecodeseño, deseño e xénero, eixes norte-sur, o glocal, traballos en comunidades e deseño e saúde.
Prazas ofertadas
20
O Programa de Doutoramento en Creación e investigación en Arte Contemporánea ofrece a liña de investigación Historia do deseño e a tipografía, centrada na investigación en estudos históricos en deseño gráfico e a tipografía, no deseño de moda, no deseño audiovisual e todas aquelas disciplinas que involucren o deseño e as súas subdisciplinas dun xeito transversal.
Prazas ofertadas
10