Sistema de Garantía de Calidade

O Sistema de Garantía de Calidade do centro constitúe unha ferramenta estratéxica básica para conseguir unha mellora continua da Facultade de Deseño e das súas titulacións oficiais.

Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007 (derrogado polo RD 822/2021, do 28 de setembro de 2021), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

Co obxectivo de cumprir con este requisito, a Facultade de Deseño deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración co Área de Calidade da Universidade de Vigo (aprobado o xx de xx de 2024).

A documentación básica do SGC da Facultade de Deseño está constituída polos seguintes documentos.

  • Manual de calidade
  • Política e obxectivos de calidade do centro
  • Procedementos do SGC
  • Plans de mellora