Acceso por recoñecemento de créditos

O acceso por recoñecemento de créditos é unha vía de admisión dirixida a persoas que cursaron previamente estudos universitarios non concluídos e desexan acceder ao Grao en Deseño. Para optar a esta modalidade, é necesario que os estudos de procedencia permitan o recoñecemento dun mínimo de 30 créditos ECTS na titulación.

O cumprimento deste requisito non implica a admisión automática, que estará condicionada ao número de prazas ofertadas e aos criterios establecidos para este procedemento.

Normativas de acceso e recoñecemento de créditos

→ Límite de prazas de acceso por recoñecemento de créditos aprobadas para o curso 2025/2026

→ Procedemento de admisión de estudantes con estudos universitarios oficiais de grao iniciados na universidade de vigo ou noutra universidade española

→ Regulamento de recoñecemento e transferencia de créditos académicos nas titulacións oficiais de grao e de mestrado da universidade de vigo