Traballo Fin de Mestrado

O TFM será elaborado de forma individual por cada estudante e refleixará de maneira ordenada e exhaustiva os pasos do proceso que o levaron á creación da súa Colección Fin de Mestrado. Para isto, o TFM constará obrigatoriamente das seguintes partes:

a) Estruturación e presentación dunha colección:

Deseñarase e elaborarase unha colección de prendas que constitúan unha unidade temática de entre 8 e 10 conxuntos, todos eles con coordenadas necesarias (coherencia e interrelación na selección de tecidos, cores, estampados, texturas…) para consideralas dunha mesma familia, cunha dirección conceptual e estética na que se expresen o máximo de posibilidades formais. Todas as prendas presentadas deberán ter un nivel de acabado “profesional”, e cada estilismo será proposto cos seus accesorios e complementos correspondentes.

b) Memoria descritiva do traballo:

Xunto coa colección, presentarase un documento escrito e encadernado que recolla o proceso de investigación e creación do proxecto, de entre 30 e 40 páxinas. A memoria elaborarase á maneira dun ensaio e deseño completamente libres. Non obstante, deberá conter as seguintes unidades conceptuais que se detallan a continuación.

Contido da memoria:

As distintas fases do traballo de investigación, creativo e técnico da Colección deben ser desagregadas nun mínimo de 5 apartados:
a) Introdución: Presentación xeral do traballo.
b) Fundamentación teórica e referencias.
c) Material gráfico que contextualice a colección. Editorial.
d) Solucións Técnicas: Deben contemplarse todos os looks da colección.
e) Bibliografía e fontes.