A formación organízase segundo unha estrutura mixta entre materias obrigatorias e optativas pertencentes a 4 módulos de ensinanzas, repartidos entre os 4 cuadrimestres. O número total de créditos do que consta o mestrado é de 120. Este total inclúe materias obrigatorias (102 créditos) e un traballo fin de mestrado (18 créditos)
A importancia deseño no contexto da cultura e a sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico en Galicia, onde o sector moda é unha industria prioritaria.
O Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.
Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio, situándose á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principáis pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, supón paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos; e co equipo humano e material necesarios para levalos a cabo.
Formamos especialistas en moda, con ampla proxección profesional e profundo coñecemento dos procesos e ferramentas de investigación, análises e predición de tendencias. Éste é o teu mestrado se queres ser un creativo capaz de emprender a túa propia marca ou incorporarte a equipos de deseño cun perfil polivalente en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda, ou o deseño gráfico para moda.
Apostamos pola creatividade como enerxía principal. Axentes xeradores de innovación con capacidade para liderar e coordinar equipos. O “Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda” persegue o desenvolvemento integral de competencias que capaciten para exercer actividade profesional en deseño, estilismo e/ou dirección creativa en moda sen deixar atrás o desenvolvemento dunha especialización académida nese ámbito de produción cultural.
Para isto contamos cun programa ben estruturado e de forte carga práctica, baseado nunha longa traxectoria e relación con decenas de empresas coas que vimos desenvolvendo programas de cooperación educativa durante máis dunha década.
PRIMEIRO CUATRIMESTRE
SEGUNDO CUATRIMESTRE
PRIMEIRO CUATRIMESTRE
SEGUNDO CUATRIMESTRE
Poderán acceder ao Mestrado aqueles candidatos/as que estean en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior de EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) que autoriza no país emitido do título para o acceso a ensinos de Mestrado.
Poderán acceder tamén os titulados conforme aos sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos títulos, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que autorizan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos máis que o de cursar os ensinos de Mestrado.
O mestrado está destinado a titulados universitarios (graduados e/ou licenciados) procedentes do ámbito das Humanidades (Belas Artes, Historia da arte … ) ou outras áreas de coñecemento relacionadas, como a Científico-Técnica ou Xurídico-Social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).
Os licenciados e graduados universitarios en Belas Artes ou en Deseño e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a Comisión Académica valorará solicitudes de titulados doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica, ou ao campo da investigación.
A continuación, indícanse os perfís de graduados do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda en relación cos perfís profesionais presentes no mercado de traballo actual e de cara ao futuro.
Tipo de formación: Presencial
Número de prazas: 21
A solicitude formalizarase na páxina web da Universidade de Vigo en → auto-matrícula e dentro das datas oficiais establecidas.
— Resgardo firmado da solicitude.
— Título e expediente académico da titulación que dá acceso (agás alumnos da Universidade de Vigo).
— CV artístico e/ou profesional.
— Dossier creativo de obra ou presentación visual de traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e cmunicación, textos críticos, etc
— Carta de motivación.
Criterios de valoración de méritos
No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:
1. Título e expediente académico da titulación presentada para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación e a cualificación media global. (50 %)
2. Dossier creativo. Valorarase o interese artístico e visual, a capacidade creativa e a relación co ámbito da moda. (20 %)
3. CV artístico y/o profesional. Valorarase a traxectoria presentada segundo a súa adecuación á titulación á que se pretende acceder. (20 %)
4. Coñecemento de idiomas estranxeiros debidamente certificados: inglés, portugués, etc. (10 %)
A Comisión Académica do Mestrado será a encargada da valoración de méritos e a selección do alumnado, previa comprobación por parte das unidades administrativas de que as solicitudes cumpren os requisitos de acceso e de admisión.
Acollida e orientación
Tras a formalización da matrícula, o alumnado de novo ingreso será convocado a unha xornada de acollida e orientación. Esta xornada consistirá na presentación do Mestrado por parte do Coordinador do Título e outros membros da Comisión Académica e do profesorado.
Acompañarase ao alumnado a visitar as instalacións, ademais de reunilos nunha charla informativa sobre a estrutura e funcionamento do Mestrado, os servizos e infraestruturas, os horarios e a organización académica, a presentación do profesorado e outros temas organizativos e loxísticos de interese.