Tipo de formación: Presencial
Número de prazas: 21
A solicitude formalizarase na páxina web da Universidade de Vigo en → auto-matrícula e dentro das datas oficiais establecidas.
— Resgardo firmado da solicitude.
— Título e expediente académico da titulación que dá acceso (agás alumnos da Universidade de Vigo).
— CV artístico e/ou profesional.
— Dossier creativo de obra ou presentación visual de traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e cmunicación, textos críticos, etc
— Carta de motivación.
Criterios de valoración de méritos
Para o caso en que a demanda supere as prazas ofrecidas, establécense os criterios de valoración de méritos seguintes:
1. Expediente académico da titulación que presenten para o ingreso. Valórase a adecuación da titulación e a calificación media global. (30 %)
2. Dossier de obra ou presentación visual que contenga traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e comunicación, textos críticos, etc. (35 %).
3. CV do/da candidato/a, tendo en conta a adecuación á titulación á que se pretende acceder. (25 %)
4. Coñecemento de idiomas estranxeiros debidamente certificados: inglés, portugués, etc. (10 %)
Acollida e orientación
Tras a formalización da matrícula, o alumnado de novo ingreso será convocado a unha xornada de acollida e orientación. Esta xornada consistirá na presentación do Mestrado por parte do Coordinador do Título e outros membros da Comisión Académica e do profesorado.
Acompañarase ao alumnado a visitar as instalacións, ademais de reunilos nunha charla informativa sobre a estrutura e funcionamento do Mestrado, os servizos e infraestruturas, os horarios e a organización académica, a presentación do profesorado e outros temas organizativos e loxísticos de interese.