Estudos de doutoramento. A oferta formativa da EIDO (Escola Internacional e Doutoramento) da Universidade de Vigo inclúe diferentes liñas de investigacion en Deseño

Programa de Doutoramento en Creatividade e innovación social sostible

O Programa de Doutoramento en Creatividad e Innovación Social Sustentable pertencente ao Campus Crea de Pontevedra, ofrece a liña de investigación específica en «Deseño e Innovación Social», que á súa vez posúe dúas sub-líñas:

Sistemas de producción, líña de investigación centrada en preparar axentes xeradores de innovación no sector do deseño en varios dos seus ámbitos de materialización con capacidade para liderar e coordinar equipos.

Deseño e Desenvolvemento Social, liña de investigación que pretende abordar o deseño en relación ao desenvolvemento social capaz de dar respostas transformadoras no seu contexto de aplicación. Contempla as habilidades do/a diseñador/a actual no ámbito da innovación social que require do entendemento da tecnoloxía, do establecemento de redes e a creación de prototipos. Esta sub-liña inclúe, entre outros, ecodeseño, deseño e xénero, eixes norte-sur, o glocal, traballos en comunidades e deseño e saúde.

Prazas ofertadas
20

Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea

O Programa de Doutoramento en Creación e investigación en Arte Contemporánea ofrece a liña de investigación Historia do deseño e a tipografía, centrada na investigación en estudos históricos en deseño gráfico e a tipografía, no deseño de moda, no deseño audiovisual e todas aquelas disciplinas que involucren o deseño e as súas subdisciplinas dun xeito transversal.

Prazas ofertadas
10